Comprar
Autor: AZUL MAIS VERDE COOP.
ISBN: 9788409831883
UN MONTE TODOS OS MONTES
Compartir:
Un monte todos os montes concíbese como unha ?publica-acción? para o pensamento e a acción colectiva. Impulsada por Azul mais Verde Coop. co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario en Galicia.
A través dunha escrita plural -que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués- e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao monte en distintos territorios. O propio libro, na súa forma e materialidade, desde a edición e o deseño, ensaia unha práctica de biodiversidade, incorporando unha composición aberta de escalas, ritmos e disposicións que o lector percorre como experiencia.
