Comprar
Autor: Fernando Castro Paredes
ISBN: 9788491516446
Papiroflexia
Compartir:
Tres historias cruzadas que suceden no banco dun parque. ¿Que teñen en común unha anciá con medo a voar que precisa compaña, un cabaleiro e unha señora que atopan un home deitado no chan e unha moza suicida que aínda dubida sobre o seu destino? A papiroflexia: tres figuriñas de papel pregado cambiarán as súas vidas.
O autor utiliza o absurdo para poñer de relevo o que é verdadeiramente importante máis alá das aparencias. Medos, soños, o amor.
Porque as cousas non son o que parecen.