
Comprar
Autor: Rodriguo Costoya
ISBN: 9788410070998
O SECULO DO MILAGRE. A CONSAGRACION DE COMPOSTELA
Compartir:
Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é?
Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía.