Comprar
Autor: Abraham Pérez
ISBN: 9788411761536
O Paso En Falso
Compartir:
Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade. O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política, existencial: un spleen cun sutil fío de humor que tenta retratar unha época e unha xeración devastada pola crise económica. Un burlesco xogo de máscaras, ou nada disto, talvez, que fai un retrato da Galicia contemporánea.