12.95 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: En stock
Comprar
Comprar

O corvo sobre a neve

Autor: Andrea Maceiras ISBN: 9788411107297
Compartir:
XVII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Algunhas veces, a literatura é a única salvación posible. Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, cando a nai e o irmán pequeno desaparecen sen deixar rastro, vese na obriga de fuxir canda o pai ata o límite da Zona Vedada. A súa única guía será un corvo creado coa chamada Tecnoloxía Eterna e sete libros antigos e obsoletos que detesta.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros