Comprar
Autor: Antía Yáñez
ISBN: 9788411100694
Non Penses Nun Elefante Rosa
Compartir:
Aurora, a protagonista de «Un elefante rosa», traba amizade con Brais, un rapaz de dez anos veciño do edificio onde reside. Non é sinxelo: ter un neno aburrido tras dela case a diario non é algo que Aurora quixese nunca, pero pouco a pouco entende que non sempre é a xente adulta a que máis sabe da vida. Ela, muller autoesixente e obsesionada con facelo todo perfecto, sen permitirse xamais ningún erro, decatarase da necesidade de afondar nunha relación que, aínda que non o admitiría nunca, lle resulta beneficiosa.
En «Un elefante rosa» Antía Yáñez constrúe unha novela que sorprende polo seu uso do humor como instrumento para tratar con profundidade un tema moitas veces ignorado á mantenta: a saúde mental.