Ninguén E Compaña
Compartir:
"Ninguén e compaña" principia cun conto, a modo de prólogo, que satiriza as xerarquías literarias(ou máis ben comerciais) estabelecidas actualmente, que priman os produtos novelísticos sobre os textos de narrativa breve ou minimalista.
O libro consta de dúas partes: o relato inicial da primeira inclúe tres contos dun mesmo narrador que nos vai mostrando algúns personaxes peculiares do mundo do espectáculo, constituíndo un exemplo de como facer das desgrazas... O resto son historias ou minitextos de protagonistas singulares moi variados, dos cales non se pode falar sen desvelar o seu sorprendente final.
A segunda parte contén microcontos sobre parellas complicadas que moitas veces acaban en desencontros, ben cómicos ou ben dramáticos.