Comprar
Autor: VARIOS
ISBN: 9788411762069
Historias de Barbantia. 17 relatos de autoras e autores do Barbanza
Compartir:
Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da ?intelixencia natural? da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades ?arredor de nós? ao longo do ano. E vai para vinte.
Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: ?Un para todos??, armados de luz e palabra.
E se ?todo está na palabra? en termos nerudianos, a palabra poética será a única arma salvavidas que nos ha rescatar dos desérticos mares que nos ameazan: a intolerancia, a insensibilidade, e mais a ignorancia.