Comprar
Autor: Dubert, Isidro
ISBN: 9788411105293
Galicia, un mar con historia
Compartir:
Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior.
Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII.