14.96 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: 72 horas
Comprar
Comprar

EMPATÍAS

Autor: FERNANDO DACOSTA ISBN: 9788484877417
Compartir:
En Empatías Fernando Dacosta interroga un dos conceptos máis complexos da experiencia humana. Doce pezas narrativas e poéticas articúlanse como un mosaico inquietante. A empatía non aparece aquí como territorio seguro, senón como unha zona ambigua onde a comprensión pode ser transformadora, perigosa ou imposible. Un mozo de dereitas, obsesionado coa perfección do seu peiteado, esperta transformado no que máis despreza. Na Duna de Pilat, un camioneiro xenófobo experimenta de primeira man o calvario daqueles aos que rexeita. Un profesor socialmente incómodo proxecta as humillacións que sofre cada fin de semana sobre os seus alumnos. Cada historia explora unha faceta diferente: desde a ausencia de empatía máis brutal ata as súas consecuencias máis inesperadas, desde o medo a comprender ata a imposibilidade de facelo.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros