15.90 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: 72 horas
Comprar
Comprar

DE OXIDO E DIAMANTES

Autor: Miriam Couceiro Castro ISBN: 9788411763349
Compartir:
Se preguntades a calquera muller que algunha vez amase a outra sobre que son as tormentas e que representan as pantasmas, é probable que vos digan que as dúas chegan sempre de noite e co único obxectivo de facer ruído e romper a paz. As pantasmas e as tormentas espértannos igual que unha chamada de madrugada, como lle sucedeu a Joan Baez aquela noite, cando unha pantasma falou ao outro lado do teléfono. Maia tardou en comprender que as tormentas e as pantasmas chegan de noite porque queren ese ruído para que todas as miremos, porque pensan que brillan, mais entre o fulgor dos diamantes sempre asoma o óxido. Maia e Brianda van ser as vosas compañeiras nesta noite de tormenta e camiñarán con vós ata o amencer. Pulsade o botón de inicio e poñede ?Diamonds and Rust?.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros