19.95 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: En stock
Comprar
Comprar

AS COUSAS POLO NOME

Autor: REBEKKA SALM ISBN: 9788484877431
Compartir:
«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia». Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación. As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novela retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada perturba a orde patriarcal.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros