
Comprar
Autor: Francisco Ant. Vidal
ISBN: 9788499954196
As Cartas Do Desarrraigo
Compartir:
Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo- ao longo de 10 capítulos escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador- esa vila de emigrantes e navegantes unidos á familia por medio de cartas que non sempre contan a verdede, até descubrir as razóns para a drástica separación. Temas como o aborto, a fidelidade, represións e maledicencias, a covardía e o narcotráfico irán ocupando as páxinas desta historia de desarraigo, provocada por un inocente exercicio escolar.
A fluidez da escrita mantén o interese por participar no coñecemento da resolución de conflito.