17.95 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: 72 horas
Comprar
Comprar

Ao Voso Gusto. Medida Por Medida (Num 367)

Autor: WILLIAM SHAKESPEARE MIGUEL PEREZ(TRADUC) ISBN: 9788484874362
Compartir:
Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio. Ao voso gusto (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros