Comprar
Autor: Gerardo Álvarez Limeses
ISBN: 9788491516477
Antre Dous Séculos
Compartir:
O cosmos poético de Antre dous séculos xira ao redor dunha Galicia rural que se olla a través da súa paisaxe, unha Galicia folclórica poboada de tópicos costumistas, agarimosa e fermosa, que Álvarez Limeses humaniza, pero onde non falta a preocupa¬ción social na denuncia da inxustiza, a pobreza, a fame e a miseria do labrego, con quen o poeta se amosa solidario.
Este poemario, con prólogo de Castelao, deu nome á chamada ?xeración de entre dous séculos?, e que agrupaba os escritores galegos nacidos entre 1869 e 1879, protagonistas da transición da literatura galega no cambio de centuria, entre os que estaban, ademais de Álvarez Limeses, Noriega Varela e Cabanillas.