18.50 €
  • Envío rápido
  • Con nº de seguimiento
  • Disponibilidad: En stock
Comprar
Comprar

A VIDA A ARDER

Autor: ABRAHAM PEREZ ISBN: 9788411765077
Compartir:
Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto… Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escritos cun estilo directo e seco, onde hai espazo para o poético e o reflexivo, atopamos vidas urbanas condicionadas pola denominada Gran Recesión, onde a incerteza existencial parece traspasar tamén o eido afectivo e laboral. Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.

Apúntate a nuestro newsletter

Recibe todas nuetras ofertas de libros